Saltar navegación
Asociación Cultural Valverde

TURISMO EN TRABA: Lagoa e Dunas

A LAGOA E DUNAS DE TRABA

Lagoa de TrabaA lagoa de Traba é sen dúbida o habitat máis salientable de todo o Val de Traba e o que máis contribúe a súa singularidade e a darlle a súa peculiar pesonalidade.

De forma claramente alongada, a súa cubeta de augas libres mide aproximadamente 600 metros de lonxitude, pero a súa anchura e a súa profundidade experimentan unha drástica reducción nestes últimos anos a causa dun rápido proceso de colmatación.

Nesta lagoa e en diferentes épocas do ano tense observadas especies tan inusuais como: Sormormullo Lavanco, Zampullín Común, Focha Común, Gallineta Común, Aguilucho Lagunero Occidental, Aguilucho Pálido, Aguia Pescadora, Alcotán Europeo, Busardo Ratonero, Vencello Real e Común, Gaivota de Bonaparte, Pagaza Piconegra, Charrán Común, Fumarel Común e Alibranco, Corvos, Corvo Mariño, Urracas, Martín Pescador, Gansos, Cisnes, Diferentes especies de Patos?etc.

Existe un pequeno carrizal que rodea completamente a lagoa e que se está extendendo ó longo do río de desagüe da mesma. Está constituido básicamente por Phragmites e Typha, aínda que tamén mostra manchas considerables de Cladium na súa zona contigua ó borde sur ou borde interior da lagoa.

Neste carrizal soen verse especies de aves como a Garza Real e Imperial, Martinete Común, Rascón Europeo, Buitrón, Avetoro Común?etc.

Un vasto sistema de dunas exténdese ó longo da maior parte da lonxitude da praia, pois chega ata preto da zona na que o río de desagüe da lagoa describe a súa última curva. Trátase dun sistema complexo, na que se distinguen catro tipo de dunas marítimas atlánticas:

1. Dunas móviles con vexetación embrionaria.
2. Dunas móviles con Ammophila arenaria.
3. Dunas fixas con Crucianellion maritimae.
4. Dunas fixas con céspedes de malcolmietalia.

Ademáis existen depresións interdunares que se encharcan caoas choivas especialmente na época invernal. Este sistema dunar soe estar frecuentado por especies de aves como Gaivota Patiamarela, Zarapito Real, Corvos, Alondra Común, Curruca Cabecinegra, entre outras.

Praia de TrabaNa actualidade existe un proxecto conxunto entre o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Laxe para realizar diversas melloras no contorno da Lagoa. As actuacións que se van levar acabo dentro deste proxecto son entre outras:

a. Construcción de dúas Áreas de Recreo en cada extremo da praia (fontes, casetas de socorristas, mesas, pasarelas, bancos?)
b. Dende estas Áreas de Recreo parte unha Senda de Madeira que bordea a lagoa con diferentes observatorios para a biofauna.
c. Encauzar e limpar os ríos que desembocan na lagoa.
d. Sinalización

Esta Lagoa está relacionada coa lenda da cidade de Valverde, cidade afundida polo Apostolo Santiago por desoír as insinanzas deste. Esta lenda é moi común en moitas outras lagoas de Galicia. A nosa asociación toma o seu nome desta lenda relacionada coa lagoa de Traba.

Asociación Cultural Valverde