Saltar navegación
Asociación Cultural Valverde

TURISMO EN TRABA: Igrexa de Traba

A IGREXA DE SANTIAGO DE TRABA

IGREXA DE SANTIAGO DE TRABAA igrexa parroquial de Traba atópase nun lugar solitario, sen casas ó seu arredor, orientada do mesmo xeito que as das demáis parroquias: cabeceira cara o este, e fachada cara o oeste.

A ábsida e a nave foron levantadas no primeiro tercio do século XIII, aínda que a cubrición da segunda cambiouse en 1940 por unha bóveda de ladrillo e cemento.

A base estructural do templo é románica, apreciable nos muros, na bóveda da ábsida e en elementos externos típicamente románicos.

A fachada principal sufriu en 1716 a última reforma, créndose deste ano a realización do retablo pétreo que abarca toda a súa parte central.

Interior Igrexa de TrabaO Retablo Pétreo: Co clásico esquema pentagonal, neste retablo de 5 metros de altura, pódense apreciar varias figuras:

1. Parte superior da porta de entrada: Imaxe ecuestre de Santiago Matamoros, e sobre esta a imaxe pétrea dunha virxe franqueada por dúas sereas, e enriba un relieve que representa ó "Pai Eterno".

2. Parte Dereita (de arriba cara abaixo): San Francisco e Eva.

3. Parte Esquerda (de arriba cara abaixo): San Pedro e Adan.

Un pouco máis arriba podemos ollar a sinxela espadana construida no século XIX. No muro sur da nave podemos ollar unha inscripción que pon "ANNO DNI 1899 (8)", un antigo reloxo de sol carente de agulla e a capela do "Rosario".

Máis adiante nos atopamos coa Capela Maior e no muro norte da nave atopamos outra nave lateral, a da "Virxe dos Milagros". Máis adiante atopamos unha porta traveseira dintelada con varias inscripcións no seu dintel.

O Interior: Pódese apreciar con claridade a pranta de cruz latina, a capela maior ou prebisterio que está cuberta cunha bóveda de canón lixeiramente apuntada. Dende a nave tense acceso ás dúas capelas laterais.

No muro testeiro da Capela Maior destaca un antigo retablo de madeira de estilo barroco-rococó realizado entre 1767 e 1768. Nesta retablo podemos atopar entre outras a imaxe do patrón do templo "Santiago Peregrino".

Asociación Cultural Valverde