A praia de Traba é sen dúbida a praia máis grande, agreste, e con máis valor medioambiental de tódalas que hai en Laxe.
Ten case tres quilómetros de lonxitude e esta rodeada por un inmenso areal, con dunas, marismas e unha lagoa costeira cargada de lendas.
O grande interese medioambiental da lagoa e da praia de Traba foi recoñecido ó ser declarada, por resolución 10/01/1990 da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, "espazo natural" co nome de Espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.