A parroquia de Traba é o lugar de procedencia dunha das linaxes máis importantes da Idade Media: Os Condes de Traba.
Un dos membros máis destacado desta linaxe foi o Conde Pedro Froilaz de Traba que tomou o nome da nosa parroquia na que naceu e onde disque que tiña un castelo. Foi un dos persoeiros máis influintes en Galicia e inclusive en España durante a Idade Media.
Era fillo de condes e irmán do bispo de Mondoñedo, foi criado na Corte de Alfonso VI, e casou coa noble e moi rica Urraca Froilaz.
Tras a morte de Raimundo de Borgoña en 1107 producíuse unha crise política entorno á sucesión ó trono de Galicia e León. Pedro Froilaz apoia a Alfonso Raimúndez no seu desexo de proclamarse rei en contra dos partidarios de Dona Urraca. Dous anos máis tarde o proclama, xunto co arcebispo Xelmirez, rei de Galicia e León, coroandoo en Santiago de Compostela en 1111 e convertíndose, así, no rei Alfonso VII.
O novo monarca conseguiu integrar na monarquía leonesa a este sector tan rebelde da nobreza galega que representaba os Traba.
Esta linaxe de Condes, co fin de manter a súa posición preponderante na sociedade galega medieval, aseguróuse para sí un sin fin de privilexios sobre as terras e vasalos dos seus dominios: función militar, taxas,?etc.
Por esta razón os Condes de Traba atesouraron un dos máis fabulosos patrimonios familiares da Idade Media.
Tamén participaron en proxectos de reconquista en terras estremeñas e andaluzas.
Ó igual que Pedro Froilaz, o seu primoxénito Fernández Pérez criou na súa casa o futuro rei Fernándo II.
O patrimonio desta linaxe sufriu co tempo unha rápida dispersión debido principalmente a dúas causas:
1. As fragmentacións hereditarias entre os numerosísimos membros da familia.
2. As reiteradas donacións á igrexas e mosteiros.
A desaparición da linaxe dos Traba e a súa importancia dentro da nobreza galega acaba con Rodrigo Gómez de Traba durante as loitas dinásticas no tempo de Pedro I.