O Festival "Traba Folk" naceu no ano 2003 coa vontade de converterse non só nun evento musical senón tamén co proposito de dar a coñecer o Val de Traba como recurso turístico.
A exaltación da música tradicional galega, a recuperación do espirito celta da nosa terra, a promoción turística do Val de Traba son os obxetivos primordiais deste evento.
A Asociación Cultural Valverde conseguiu constituir un grupo dunhas 20 persoas que traballan todo o ano para que o FESTIVAL DE TRABA FOLK sexa un referente da música tradicional galega.